martes, 10 de enero de 2012

OS PRESENTO MI ULTIMO LIBRO


REDES DE PESCADOR

 Cain nas redes
dun pescador de auga doce
que alenta os meus soños
e desperta o meu soriso,
mirandome unha e outra vez os ollos,
con ese ollar seguro, firme,
decindome  que xa esta ahí,
que xa chegou
e nunca mais marchará.
Estara perto de min
ainda que haxa tormenta,
agardándome sempre,
sempre me ha de agardar.


Fixome a promesa
 que de esta rede non me dixara caer,
será quen de coidarme,
non sexa que me vaia perder.
Dame unha man
para  ir xuntos por ese camiño
donde a vida nos ha de dar
traballo que  facer,
facer a nosa vida,
unha vida de verdade.